miércoles, 15 de abril de 2009

Participantes en la IP: Samuel Solleiro

Samuel Solleiro participará en el panel 'La ciudad como espacio cultural alternativo' con una ponencia titulada 'A cámara recíproca: Amsterdam Global Village de Johan van der Keuken e a confrontación co real no espazo urbano' y que tendrá lugar el martes 5 de mayo, a partir de las 9 y media de la mañana.

Samuel Solleiro (Tui, 1982) é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural pola Universitat de Barcelona e estudante de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente prepara un traballo de investigación titorizado sobre o filme Histoire(s) du cinéma (Jean-Luc Godard, 1998). Ten publicados dous libros de ficción e algúns traballos musicais co grupo de rock Ataque Escampe:

2009 A grande evasión (LP, A Regueifa)
2008 Galicia es una fiesta (EP, A Regueifa)
2007 Galicia es una mierda (LP, A Regueifa)
Elegías a Dios y al Diablo (contos, Lengua de Trapo; tradución ao castelán de Xiana Solla Lagoa)
2006 Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (EP, A Regueifa)
dz ou o libro do esperma (contos, Xerais)
2001 Elexías a Deus e ao Diaño (contos, Xerais)

----------------------------------------

Abstract de la Ponencia:

Un trazo que caracteriza a maior parte dos documentarios do realizador holandés Johan van der Keuken (1938-2001) é a autoconsciencia (teórica mais tamén, e sobretodo, práctica) da presenza real e material do operador de cámara –e da cámara- no momento e no lugar da filmación. A cámara ve mais ao mesmo tempo é vista, de xeito que altera, violenta e necesariamente desmitifica o acto da observación. En Amsterdam Global Village (1996) estas cualidades proxéctanse sobre o espazo urbano, que, polas súas características concretas como lugar do descoñecemento mutuo e a provisionalidade, resulta particularmente idóneo para pensar esta reciprocidade da ollada. Mediante a filmación deste espazo maniféstanse, entón, as dimensións da presenza do realizador, que son, moitas veces, as do conflito. Pola súa capacidade para asumir as contradicións inherentes –e xeralmente ocultadas- ás relacións humanas en espazos urbanos, pódese entón ver Amsterdam Global Village como exemplo de cinema non inocente, radicalmente subxectivo e desactivador das formas clásicas da observación. E pola súa consciencia de estar a interferir no decorrer da propia realidade, pódese falar propiamente dunha intervención no espazo urbano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario